Á venda as entradas para asistir á segunda función de “Aquí tou!” de Touriñán o vindeiro 23 de maio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A promotora Moita Merda Promocions vén de anunciar que unha vez esgotadas as entradas’ para asistir ao espectáculo “Aquí tou!”, que ofrecerá o humorista Xosé Antonio Touriñán o vindeiro 23 de maio, ás 21,00 horas, no Auditorio Manuel María do Carballiño, programouse outra función para as 23,00 horas do mesmo día e no mesmo recinto. Por iste motivo, abriuse outra quenda para mercar entradas para a nova sesión, a un prezo de 16 euros: ‘on line’ ao traverso da plataforma giglon.com, ou presencialmente no Asador Pulpería Veracruz, ubicado na rúa Os Canteiros da vila do Arenteiro.

“Aquí tou!” é un monólogo no que Touriñán conta a súa vida dende neno ata a actualidade e no que utiliza imaxes antigas e novas da súa traxectoria. Un espectáculo que xa acadou un éxito importante nas cidades da Coruña, Vigo e Ourense, e no caso da vila do Arenteiro espérase unha gran afluencia. Ao respecto, Diego Fernández, concelleiro de Cultura do Carballiño, comentou que “é o espectáculo dun dos grandes expoñentes do panorama artístico de Galicia e que vai ter unha repercusión importante no Carballiño, xa que se espera vaia atraer a moita xente e iso vino notar o sector da hostalería da vila”.

Por elo, dende a organización convidan a efectuar a reserva canto antes a aquelas persoas que desexen asistir a este espectáculo de Touriñán, xa que tamén poderían esgotarse. A segunda función terá lugar o venres 23 de maio, ás 23,00 horas, no Auditorio Manuel María, organizado pola Concellería de Cultura do Carballiño.