A praza de abastos celebrou hoxe o sorteo aprazado en marzo polo día do pai

Sete obsequios foron sorteados hoxe na Praza de Abastos, correspondentes á campaña polo Día do Pai, que fora aprazado no mes de marzo debido ao confinamento pola pandemia do coronavirus.

O acto contou coa asistencia da concelleira de Comercio, Silvia Baranda; o presidente da asociación de praceiros, Eligio González, e a representante da adega Pazo Tizón, Raquel Cobo.

AVANTAR ACTIVIDADES

As sete persoas agasalladas foron:

Arturo González Alarcón e Manuel Lorenzo (unha pulsera deportiva cada un); Marina (unha máquina afeitadora); Cristina Rodríguez Pérez (unha radio vintage); Susa Campos (un altavoz bluetooth); Josefa Pérez Fernández (unha tablet de 7” 8 Gb), e Antonio Colmenero (unha caixa de viño Pazo Tizón).

Os premios foron escollidos ao azar entre as case oito mil papeletas que a clientela meteu nas urnas durante o período da campaña de promoción polo Dia do Pai.

Silvia Baranda felicitou ás persoas premiadas e animou aos carballiñeses a seguir mercando na praza de abastos e no comercio local, nun momento en que o precisan máis que nunca.

Eligio González destacou a elevada participación na campaña, felicitou ás persoas agraciadas con estes sete premios, e fixo un chamamento para seguir apoiando ao comercio local, á hostalería e á praza de abastos, xa que son quen lle da vida ao pobo, según dixo.