O Grupo de Goberno fai unha valoración do mes de crise na vila e anuncia axudas por un importe de 1 millon de euros

O Alcalde do Carballiño Francisco Fumega e o Concelleiro de Persoal e
seguridade Manuel Sotelo fixeron un balance deste primeiro mes de crise do                            Covid 19 no Carballiño

AVANTAR ACTIVIDADES

Fumega anunciou unha primeira fase dun plan de actividade economica que
ascende a un millon vinteunmil sesenta euros para os veciños e asociacions que
necesiten axuda nesta crise sanitaria  

O Alcalde agradeceu a responsabilidade dos veciños no confinamento e agarda
que o carballiño se revitalice apostando no futuro por o comercio e a
hostalaria local , asi como contando tamen cas axudas do goberno do estado.

l

O alcalde do Carballiño, Fancisco Fumega, anunciou hoxe que o concello vai habilitar unha partida orzamentaria de 1.000.000 € para axudar a reactivar a economía local tras da crise polo Covid-19, e que esta iniciativa será levada ao próximo pleno municipal.

Así mesmo, informou da aprobación da modificación do calendario fiscal do 2020, que supón prolongar o cobro dos impostos ata final de ano, coa posibilidade de poder efectuarse en prazos de ata doce meses.

Conxuntamente co concelleiro de Servizos Públicos, Seguridade e Persoal, Manuel Sotelo, o alcalde fixo balance do protocolo seguido no funcionamento do concello e doutras instalacións municipais, xunto coas medidas preventivas levadas a cabo na vila e no municipio para evitar a transmisión do Covid-19.

Se ben, ao comezo do confinamento, o concello funcionou cun 60% de traballo presencial e un 40% de teletraballo, a raíz da detección dun caso positivo, modificouse a un 10% de traballo presencial e o 90% de teletraballo.

Por departamentos, e en virtude das características de cada un, o traballo presencial lévase a cabo fundamentalmente no Rexistro, Padrón, Meioambiente, Medio rural, Servizos Públicos e Policía Local. No resto dos departamentos, como Deportes, Obras e Urbanismo, Educación e Cultura, o teletraballo comezou sendo do 60% e agora é do 90%.

Con respecto ao persoal de obras, parques, limpeza e Servizos Sociais, están establecidas quendas de traballo rotatorios en días alternos.

Todo o personal municipal dispón de EPIS para o traballo, e adquiríronse mamparas para os departamentos de servizo ao público. Tamén se adquiriu una nova máquina para desinfección, que está operativa, e un xerador de ozono, que chegará nestes días.

Entre compras, donacións e doutras administracións, o concello recibiu un total de 7.450 mascarillas, das que 5.000 foron adquiridas polo concello. As restantes proveñen de: Xunta de Galicia (1.250), Josuma (200), empresario chino (350), Subdelegación do Goberno (1.050 -1.000 para a Policía Local-),  Mercería La Moderna (400), Cortinas López (100), costureira anónima (50) e Abanca (50).

Recibíronse 2.300 unidades de guantes, 2.000 da Xunta de Galicia e 300 adquiridas polo concello. Así mesmo, a Xunta de Galicia fixo entrega de xel, batas e monos.

Tamén hai que salientar a donación de máscaras de protección por Motosierras Ucha e dunha empresa de Silleda.

A empresa Gasolinera AVIA tamén aportou xel, guantes e lexía.

COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS

Con respecto ao servizo de colaboración cos centros educativos a través das direccións dos colexios, lévanse realizado no concello ata o día de hoxe 3.500 fotocopias de traballos escolares para o alumnado, e lévanse realizado 300 repartos de libros e material escolar aos domicilios dos alumnos a alumnas.

PROTECCIÓN CIVIL

A través de Protección Civil, préstase o servizo a domicilio de farmacia e compra de alimentos ás persoas maiores que viven soas.

MASCARILLAS

Máis de 2.000 mascarillas están sendo enviadas aos domicilios das persoas maiores de 80 anos.