En torno ás 10:30 horas desta mañá, producíase un incendio urbano nunha serigrafía no concello de Cortegada. As lapas propagáronse con facilidade ó tratarse de material altamente inflamable, deixando afectado o material acumulado de cartón e bolsas de plástico. En canto a dano persoais, houbo tres persoas afectadas pola inhalación de gases procedentes do incendio, que foron trasladados ó Hospital de Ourense.
Na intervención estiveron presentes a agrupación de voluntarios de Protección Civil do concello de Cortegada e os bombeiros do GES de Ribadavia.