Parabéns a Blanca González, Candela Cerdeira, Miriam Caiña, Mateo Fernández e Óscar Fumega , asi como a profesora María José Fidalgo Lamas

Hoxe, 2 de xuño, coincidindo co Día Nacional do Doante de Órganos, o alumnado de 1ºBach-B e a súa profesora de Anatomía aplicada, MªJosé Fidalgo, acudiron a Santiago de Compostela para recoller o segundo premio da VII edición do concurso de curtametraxes para concienciar sobre o trasplante e a doazón de órganos. Podedes ver unhas fotos da recollida de premios e a curtametraxe, na que fan un percorrido pola evolución do trasplante de corazón en España, desde os seus inicios.

VIDEO PREMIADO:

GALERIA DE IMAXES: