VIDEO CO ACTO

O Instituto de Estudos Carballiñeses retoma as súas actividades logo do parón da pandemia. A primeira foi este pasado sábado cun acto de presentación do novo número da súa xa consolidada revista, Ágora do Orcellón, que alcanza a edición 37ª.

Os artigos que podemos topar nesta edición falan do mosteiro de San Pedro de Lobás, das filmacións no Carballiño do Franquismo, da Heráldica na fachada do Mosteiro Cisterciense de Oseira ou da peregrinación no camiño da Geira dos Arrieiros e a comarca do Carballiño, entre outros.

Para rematar esta xornada, Xesús Gulías presentou o seu libro, “O románico na comarca do Ribeiro”, para o que contou ca colaboración de varios socios do instituto.