O Carballiño converteuse hoxe en plató de cine do filme “Malencolía”

“Malencolía”, de Alfonso Zarauza, é unha produción de Maruxiña Film Company que estará realizada integramente en galego e que comezou a pasada semana do 24 de maio, logo dun retraso causado pola covid. Na súa meirande parte estase rodando en escenarios do Concello do Irixo e con localizacións en Boborás e O Carballiño. Esta mesma mañá, o centro do Carballiño foi o seu plató, e estivemos alí con eles e co concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, que visitou a rodaxe onte e hoxe.

Publicidade

Francisco Fumega, Manuel Dacal e Diego Fernández compartiron uns momentos co director, actores, como Touriñán, equipo técnico e veciños.

O filme narra a historia dunha parella galega que logo de dez anos de residencia en Berlín deciden dar un novo rumbo a súa vida regresando a Galicia, onde mercan unha casa nunha aldea que cren abandonada pero na que vive unha señora coa que manterán unha relación un tanto curiosa.