O Carballiño acollerá a Copa Galega de Show de Patinaxe Artístico do 9 ó 11 de xullo

A Federación Galega de Patinaxe confiou ó Club de Patinaxe Aehde O Carballiño a organización da Copa Galega de show nas súas diferentes categorías: Primeira e segunda de grupos show, cuarteros e grupos show júnior. Será do 9 ó 11 de xullo, no Paco Chao de O Carballiño. Polas mañás terán lugar os adestramentos oficiais e polas tardes as competicións.

No evento participarán un total de 60 formacións con preto dun milleiro de patinadores, entre eles o vixente subcampión do mundo o CPA Gondomar coa súa coreagrafía Saint Mary. Haberá participación das provincias de Pontevedra, A Coruña e Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES