Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Alfredo García Rodriguez (Alcaldesa do Concello do Barco de Valdeorras) acompañados de Xoan Vázquez Mao (Secretario Xeral do Eixo Atlántico).

O  presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo hoxe no Pazo Provincial unha xuntanza de traballo co secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e co presidente da asemblea do Eixo Atlántico e alcalde do Barco, Alfredo García, para impulsar a posta en valor da Vía Nova, “un elemento de comunicación de grande importancia, dada a súa pegada cultura e histórica, que temos que tomar en consideración para darlle a relevancia oportuna”, afirma Manuel Baltar. Neste sentido, xa tivo lugar unha reunión previa con presidente do Eixo Atlántico en Braga e a de hoxe foi a confirmación por parte do presidente da Deputación de Ourense -quen preside tamén o Foro Termal do Eixo Atlántico-, por esa aposta da institución provincial a prol da valorización cultural da Vía Nova”, expresa Baltar. A Vía Nova era unha calzada romana que atravesaba o que hoxe é o territorio provincial de Ourense, construída no século I d.C; unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Astúrica Augusta (Astorga) ao longo de máis de 300 quilómetros.