Lectura do Poemario do escritor local Jaime Moreda en Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

1.Lectura do Poemario do escritor local Jaime Moreda, en recadación de fondos para a ONG Survival.

Os vindeiros sábados 12, 19 e 26 de xuño, o poeta ribadaviense Jaime Moreda Santamaría, en colaboración co Concello de Ribadavia, declamará tres dos seus poemarios en Ribadavia para recadar fondos para a ONG Survival, que defende e protexe a nivel internacional a todos os indíxenas.
O día 12 de xuño comezará co seu audio-libro 45 Poemas y 5 Haikus, o 19 de xuño declamará Poemas a mujeres e o 26 de xuño tocaralle o turno a Haikus y (paréntesis). 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os recitais terán lugar no auditorio Manuel María da Casa da Cultura de Ribadavia ás 19 horas, podendo inscribirse previamente na Casa da Cultura e tamén durante o mesmo día ata o inicio do evento. A entrada, simbólica, será de 1 euro. O recadado destinarase integramente á ONG Survival.