O comité clínico prevé ampliar o límite de 15 persoas para máis actividades

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reúnese por videoconferencia co comité clínico de expertos sanitarios. Despacho do presidente. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, 01/12/20.

Galicia proseguirá esta semana co proceso de desescalada. O comité clínico reuniuse de novo esta tarde, ca previsión de que poida aplicarse o permiso de reunións de ata 15 persoas, agora aplicado nas terrazas da hostalaría, a outras actividades. Mañá, en rolda de prensa, darase a coñecer a decisión tomada.

Ademais, o comité avanzará hoxe no novo protocolo para os próximos meses, que incluirá as pautas a seguir en praias e piscinas ou ocio nocturno. Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, quere que haxa un criterio homoxéneo de actuación. A folla de ruta podería entrar en vigor a próxima semana ou a finais de mes.

AVANTAR ACTIVIDADES