O CENTED Academy lanza o seu campus de verán da man de OCIOSAUGAL

O fútbol non para en CENTED Academy durante o período estival. O club, en asociación con OCIOSAUGAL, presenta o seu campus de verán para nenos de 4 a 14 anos, que se desenvolverá entre os días 12 e 16 de xullo en horario matinal (de 10:00 a 13:30, con opción persoal de adiantar unha hora o inicio) no céntrico campo de Os Remedios.

Co obxectivo de ofrecer un espazo seguro de diversión, práctica deportiva e tecnificación, desde a organización aplicarase un estrito protocolo COVID-19 para que os futbolistas poidan disfrutar da súa disciplina favorita con mínimos riscos. Ademais, a inscrición inclúe un seguro de lesións individual.

AVANTAR ACTIVIDADES

A empresa ourensá OCIOSAUGAL, especializada na xestión de actividades de lecer, culturais e deportivas, sumará a súa metodoloxía á aplicada pola academia CENTED de forma habitual.

Todos os interesados poderán apuntarse vía en liña ( ociosaugal.es), nas oficinas de CENTED (Praza da Estación, Ourense) ou nas instalacións de OCIOSAUGAL (rúa Os Carrís, A Valenzá). O campus terá un prezo de 65 euros para os xogadores do CENTED Academy e de 80 para os externos (10 máis en caso de adiantar a chegada ás 09:00). O importe inclúe unha camiseta Adidas para os participantes, que contarán coa axuda de técnicos titulados e dispoñerán dun adestramento específico en función da súa posición (porteiro ou xogador de campo).