A Xunta apoiará dous obradoiros para promover o emprego xuvenil na provincia de Ourense por valor de 739.000euros

  • O ‘Mocidade da Mancomunidade de Verín VI’, pertencente á Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín, por un importe de máis de 369.000 euros
  • O ‘Marco Xove V’ foi concedido á Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense por un importe de preto de 370.00 euros

A Xunta de Galicia investirá preto de 739.000 euros no desenvolvemento de dous Obradoiros de Emprego de garantía xuvenil: Mocidade da Mancomunidade de Verín VI e Marco Xove V na provincia de Ourense.

O primeiro, pertencente á Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín por un importe de máis de 369.000 euros, formará a 8 alumnos – traballadores  nos módulos de froitocultura e 8 no de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Os concellos beneficiarios son: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Obradoiro de Emprego de garantía xuvenil Marco Xove V foi concedido á Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense por un importe de preto de 370.00 euros, e formará a 9 alumnos – traballadores nos módulos de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, e a 7 no de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Os concellos beneficiarios son: Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo

Os Obradoiros de Emprego de garantía xuvenil son programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas participantes, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co dito traballo, procure a súa cualificación profesional e a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Os proxectos que se financien ao abeiro desta convocatoria poden ser promovidos polos concellos de Galicia, polas mancomunidades de concellos e polas entidades públicas dependentes ou vinculadas a concellos ou mancomunidades cuxa titularidade corresponda integramente a elas.

Os Obradoiros están destinados a persoas inscritas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil e terán unha duración de 12 meses