Ribadavia acolle mañá sábado o festival Arteficial

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ribadavia seguirá sendo o berce da cultura e a música esta fin de semana. O festival Arteficial chega cunha gran variedade de alternativas. A xornada comezará co desfile de xigantes e cabezudos e ca banda Airiños de Arnoia. Dende o mediodía, actuará Carabela, Agosto, Dj Paula RR, Loiros, Isaac Pedrouzo, Todas as batallas perdidas, Amor Líquido ou Malandrómeda.

E ademais de música, haberá obradoiros para os máis pequenos e tamén gastronomía, coma en toda boa romaría.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Coma nestas últimas edicións, a entrada ao festival será unha doazón de alimentos non perecedoiros en favor de Cruz Vermella. Este ano colaboran co supermercado Eroski na recollida de alimentos.