Ourense repunta os novos contaxios hoxe, pero mantén estables os ingresos en hospitais

A comunidade galega rexistra hoxe 113 contaxios novos, unha cifra un pouco máis elevada ca respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.355, unha cifra que ascende en menos de dez casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 16 (+1) están en UCI, 45 (-2) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un ascenso. A provincia rexistra hoxe 23 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 9 persoas con respecto a onte, ata os 154 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa un estancamento. Contamos con 3 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES