Un estudo avalía a situación de adicións en preto dun milleiro de estudantes do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O departamento de Servizos Sociais do Carballiño, a Mancomunidade, a Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela elaboraron un estudo entre preto de mil rapaces da ESO, Bacharelato e FP para a creación dun Plan de Prevención de Adicións.

O presidente da Macomunidade, Manuel Cerdeira, destacou a importancia deste estudo despois de vivir unha época de confinamento, na que moitas adicións se acrecentaron.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Inés Meizoso, psicóloga do Servizo Prevención de condutas aditivas, explicou os diferentes tipos de adicións existentes e da mellor forma de facerlles fronte. 

Antonio Rial Boubeta, profesor titular da USC fixo unha valoración sobre a situación das adicións e das chaves para atallalas.

Os resultados amosan que no Carballiño, o consumo de alcohol é inferior ós datos de España e de Galicia, aínda que é a droga máis recorrente; a idade do consumo de alcohol é de media os 13 anos, e de aí en adiante incorpóranse outras sustancias. O botellón segue vixente, aínda que menos ca antes e a percepción de risco neste consumo é claramente baixa, un dato preocupante.

En canto a outro tipo de adicións, o 12% fixo algunha vez sexting activo, e unha porcentaxe similar sifriu presións para facelo. Sobre o 30% dos mozos comezarían a estar desenvolvendo un problema co uso da rede e os videoxogos constitúen unha das principais fontes de lecer, cun 2% dos mozos presentando síntomas de adición. Un 25% manifesta haber apostado diñeiro en calquera das diferentes formas e xogo e un 2% presenta síntomas de ter problemas co xogo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------