Dende hoxe, pode solicitarse a segunda convocatoria de axudas pola covid do concello do Carballiño

As bases teñen por obxecto regular a concesión de axudas destinadas a traballadores autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxo domicilio fiscal, social ou a súa actividade se desenvolva no termo municipal do Carballiño e cumpran os requisitos que se establecen nestas bases.

Publicidade

Os gastos subvencionables están orientados a dar apoio para o mantemento da actividade e reducir as consecuencias económicas derivadas das declaracións de estados de alarma e a necesaria adaptación á nova realidade provocada pola Covid-19. Os límites máximos de subvención por beneficiario serán de 1.000 euros. As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles, sendo hoxe o primeiro día.