o Psdeg-Psoe de Punxín insta ao goberno municipal a creación dun plan de mellora das estradas municipais, que se atopan nun estado “pésimo” e de “abandono absoluto”

As concelleiras socialistas consideran “imprescindible” abordar o arranxo das estradas municipais, xa que tal e como apuntan a situación “é moi preocupante, por mor das numerosas fochancas, o desgaste do asfalto e a ausencia total de intervención e mantemento”
Lorena Peleteiro destaca que “o que buscamos con esta moción é un plan que teña en conta o interese xeral da veciñanza e non intereses particulares e partidistas, que o grupo de goberno emprega para vender favores cos recursos de todos”

O PSdeG-PSOE de Punxín vén de presentar unha moción para o seu debate na sesión plenaria do vindeiro xoves 30 de marzo, na que insta ao goberno municipal á creación dun plan de mellora das estradas municipais. As concelleiras socialistas avogan por un plan integral que permita mellorar estas infraestruturas, así como a seguridade viaria dos
condutores e peóns que circulan a diario polas mesmas.
Dende o grupo municipal socialista argumentan que Punxín conta con
innumerables estradas e camiños municipais, que na súa maior parte atópanse
nun “pésimo” estado de conservación e mantemento, debido ao “abandono”
sufrido nos últimos anos. As concelleiras socialistas consideran “imprescindible”
abordar o arranxo das estradas municipais, xa que tal e como apuntan a
situación “é moi preocupante, por mor das numerosas fochancas, o desgaste do
asfalto e a ausencia total de intervención e mantemento”.
As e os socialistas recibiron ao longo dos últimos tempos “repetidas queixas”
por parte da veciñanza de Punxín sobre o “pésimo estado” das estradas
municipais en Punxín, Barbantes, Vilela, Vilamoure, Freás e Ourantes. Tal e
como apuntan dende o grupo municipal socialista “o goberno municipal foi
incapaz de dar resposta a todas estas queixas, a pesar de que a veciñanza puxo
esta situación en coñecemento das autoridades municipais en reiteradas
ocasións”.
A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro, destaca que o que
buscan con esta moción “é un plan que teña en conta o interese xeral da
veciñanza e non intereses particulares e partidistas, que o grupo de goberno
emprega para vender favores cos recursos de todos”. Neste senso, a edil
socialista pon de manifesto que en Punxín “hai tempo que vivimos no absoluto
desgoberno, cun equipo que ignora as reclamacións da veciñanza e que

durante estes catro anos optaron polo desleixo, o abandono e a parálise e sen
mover un só dedo ante a precarización e desmantelamento de determinados
servizos”.
Saúdos

AVANTAR ACTIVIDADES