Dende mañá deixa de ser obrigatorio o uso de máscara en exteriores, sempre que haxa 1,5 metros de distancia

Dende mañá sábado, o uso da máscara xa non será obrigatorio en espazos abertos, pero isto non supón que desapareza, xa que haberá un regulamento para o seu desuso. A situación actual permite que se alivie o seu uso, pero non eximirá da súa importancia. A retirada é gradual, empezando por aquelas situacións que entrañan menor risco de transmisión. Así, deberemos levala sempre no peto, e será obrigatoria en interiores e tamén nos exteriores sempre que non se poida garantir a distancia interpersoal de 1,5 metros. No caso de non cumprir esta medida, baráxanse multas de 100 euros.

OCIO NOCTURNO

AVANTAR ACTIVIDADES

Os establecementos nocturnos reabrirán as súas portas en Galicia o 1 de xullo, inicialmente ata as 3 da mañá e cun 50% de ocupación, aínda que os resultados serán analizados a mediados de mes para estudar a posibilidade de ampliar tanto o horario de apertura como o nivel de ocupación. .

Valoráronse positivamente as probas piloto realizadas o día 12 en catro pubs e dúas discotecas. Os clientes, que deben rexistrarse e levar unha máscara, poden pedir bebidas no bar, así como facer uso das pistas de baile sempre que se manteña a distancia interpersoal correspondente.