Maside celebrou onte o seu día grande do San Vitorio

Onte venres, festivo local en Maside, celebrou o seu día grande con bombas de palenque e pasarrúas coa banda A Lira de Ribadavia. En canto ós eventos relixiosos, a misa contou de novo ca procesión do seu santo, San Vitorio.

Pola tarde, Feira-Mostra de Artesanía infantil na Alameda e Tarde de Folc e Troula co grupo “Tanto nos Ten” e a charanga CLK, na rúa Principal e no exterior dos bares. Para rematar, ás 24:00 h: Sesión de fogo.

AVANTAR ACTIVIDADES

E mañá sábado, xornada similar con misa e procesión e, pola noite, dende as 22:30 h, Noite de Concerto cos grupos “Le Blank”, “The Impossiblues”, e “Malditos Pendejos”, na rúa principal.

E o domingo, dende as 16:00-18:00 e 19:00 a 21:00: Animación co DJ Tibu na piscina municipal da Rañoa.


VIDEO SPOT MASIDE en BADAL TV