Manuel Baltar propón a creación dun organismo internacional de transparencia

Videoconfecencia da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Cesar Fernández Gil (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e ViceSecretario da Deputación Ourense).
Publicidade ASPADISI

A iniciativa do presidente da Deputación de Ourense tivo o respaldo dos gobernos provinciais participantes no Cume Internacional de Innovación e Excelencia Pública, así como da Federación Latinoamericana de Cidades e Municipios e do Instituto Mexicano de Transparencia

“Esta proposta, nacida en Ourense, poñerase en marcha co obxectivo de que a transparencia sexa, ademais dun referente e un reto das administracións, un deber de funcionamento”, afirma Baltar

HIPER MASIDE

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, propuxo hoxe na clausura do Cume Internacional de Innovación e Excelencia Pública, celebrada en Ourense, a creación dun organismo internacional de transparencia nas administracións públicas. A iniciativa tivo o respaldo dos gobernos provinciais participantes na cume -gobernos provinciais de 23 países iberoamericanos-, así como da Federación Latinoamericana de Cidades e Municipios ( FLACMA) -que engloba a 16.360 entidades locais de 33 países de América Latina-; do Instituto Mexicano de Transparencia e da perfecta de Guayas (#Ecuador), Susana González

“Esta proposta, nacida en Ourense, poñerase en marcha co obxectivo de que a transparencia sexa, ademais dun referente e un reto das administracións, un deber de funcionamento”, afirmou Manuel Baltar, destacando que os encargados de levar á práctica esta “alianza internacional pola transparencia pública serán os propios gobernos locais intermedios para aplicala ao máximo nos seus procedementos executivos”.

Nun breve espazo de tempo, este grupo de traballo, en base á denominada “Declaración de Ourense”, que avoga pola posta en marcha un organismo destas características, establecerá os procedementos, marcará cronogramas de actuación e fixará indicadores. “Será un órgano internacional, presente en todos os continentes, que buscará alianzas en favor da transparencia pública e estará aberto a calquera incorporación, para actuar na senda que demanda a veciñanza: a transparencia, o goberno aberto, a participación e a rendición de contas”, expresou o presidente da Deputación.

Manuel Baltar, quen preside o goberno provincial máis transparente dos 52 de España, tivo o respaldo á súa proposta por parte de todos os membros do cume, e en semanas esta iniciativa tomará forma “para que exista unha organización internacional, nacida en Ourense, cuxo obxectivo será que a transparencia internacional das administracións, ademais dun referente e un reto, sexa unha obrigación en todos os procedementos e a xestión pública”, concluíu Baltar.