Gabriel Alén visita o cpi Tomás Terrón Mendaña no concello de Carballeda de Valdeorras

  • O delegado territorial anunciou as melloras nos baños e a incorporación de lavabos para os máis cativos na planta baixa que acometerá a Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o período estival.
  • Gabriel Alén tamén supervisou as obras dos novos aseos da aula de educación infantil na que a Xunta investiu máis de 20.000 euros
  • Gabriel Alén subliñou que “deste xeito a Xunta de Galicia cumpre cos desexos das familias dos nenos escolarizados e coa demanda do Concello”
  • Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que rexerá para as infraestruturas educativas nos próximos anos, no que atinxe ao enfoque educativo que terán a partir de agora os distintos espazos dentro dos colexios e institutos

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado da alcaldesa, María del Carmen González, visitou esta mañá o CPI Tomás Terrón Mendaña no concello de Carballeda de Valdeorras onde anunciou as melloras nos baños e a incorporación de lavabos para os máis cativos na planta baixa que acometerá a Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o período estival.

Asemade, Gabriel Alén, explicou que esta actuación ven a completar a xa iniciada o pasado ano nos aseos da aula de educación infantil, na que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investiu máis de 20.000 euros.

AVANTAR ACTIVIDADES

O delegado territorial subliñou que “deste xeito a Xunta de Galicia cumpre cos desexos das familias dos nenos escolarizados e coa demanda do Concello, pois estamos a dotar -engadiu o delegado territorial- a este centro escolar de melloras permanentes que conflúen na calidade da ensinanza dos alumnos e alumnas do concello”.

Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que rexerá para as infraestruturas educativas nos próximos anos, no que atinxe ao enfoque educativo que terán a partir de agora os distintos espazos dentro dos colexios e institutos.

Gabriel Alén sinalou que as novas construcións e reformas deben de ser espazos adaptados ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas. Isto é, “que reforcemos un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid onde a arquitectura teña unha orientación educativa, con espazos flexibles, adaptados a todas as circunstancias, ben equipados e que resulten cómodos” manifestou.

Para o representante do Goberno galego, neste Plan prevese tamén o deseño de espazos flexibles e adaptables para fomentar as tarefas en grupo, por proxectos e colaborativas, apostando así polas novas liñas académicas onde se prime o traballo por competencias en lugar de por áreas de coñecemento illadas.

O obxectivo final, concluíu Gabriel Alén, é que Galicia “sexa pioneira nun novo modelo de escolas para o século XXI”, a través dun plan que dea valor engadido aos centros educativos, os espazos nos que os futuros cidadáns pasan “as etapas máis determinantes das súas vidas”. Para iso, subliñou, “é imprescindible poñer a arquitectura a disposición das necesidades do sistema educativo”.