Galicia segue cos novos contaxios á alza, sobre todo provocados polo brote das Baleares

A comunidade galega rexistra hoxe 122 contaxios novos, unha cifra que se mantén na mesma liña que onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.579, unha cifra que ascende en preto de 70 persoas con respecto a onte. Do total de pacientes positivos en Galicia, 12 (-2) están en UCI, 40 (+2) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un ascenso leve. A provincia rexistra hoxe 8 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 6 persoa con respecto ó venres, ata os 170 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación presenta un aumento de ingresos. Contamos con 4 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES