Falece Santiago Mansilla, secretario do Concello de Cea, tras unha longa enfermidade

O Concello de San Cristovo de Cea informou ás 21:30 horas de hoxe, venres, do falecemento de Santiago Mansilla Vázquez, secretario da institución local. O seu pasamento tivo lugar na súa casa de A Baña, A Coruña, despois de sufrir unha longa enfermidade.

Durante máis de dúas décadas adicouse ó seu posto como secretario da administración local de San Cristovo de Cea. Dende o Concello amosan o seu máis sentido pesar pola perda dunha persoa que aseguran foi moi relevante na historia recente do concello. Ademáis, extenden as súas condolencias á familiares e amigos de Santiago Mansilla.

AVANTAR ACTIVIDADES