Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 2 contaxiados únicamente ( = ). O Concello do Carballiño é o único que presenta casos activos, cos dous casos da comarca, repetindo as mesmas cifras ca onte.
Os demais concellos, Beariz, Cea, Boborás, Punxín, O Irixo, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.
No Ribeiro, a situación mantense tamén con moi poucos contaxios. O positivo de Arnoia mantense. E Ribadavia mantén os tres casos activos, a mesma cifra ca onte.
Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.