Xa só quedan catro casos activos por covid no Carballiño

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 8 contaxios ( 2 menos ca onte ). O Concello do Carballiño baixa 2 casos con respecto a onte ata os 4 contaxios.

Dende hai un mes non tiñamos datos tan baixos por covid

AVANTAR ACTIVIDADES

O Irixo mantén un so contaxio, na mesma situación ca San Cristovo de Cea. Beariz conta con dous contaxios, a mesma situación ca onte.

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.