O concello do Carballiño celebrará o pleno do mes de xuño o prósimo venres

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A corporación do concello do Carballiño reúnese este venres en sesión plenaria. Nesta ocasión tomará posesión Pilar Caride como concelleira, no lugar de Argimiro Marnotes. Entre os puntos da orde do día recupérase a creación da mancomunidade para a utilización do Arenteiro no abastecemento do Carballiño e Maside, paso necesario para a creación do polígono industrial compartido, e punto que fora retirado do pasado pleno porque a oposición solicitara ter acceso a verios expedientes. Outro punto será a creación e aprobación dun regulamento para a biblioteca pública municipal.

En canto ás mocións da oposición, porase sobre a mesa a tarifa eléctrica a través de mocións do BNG e do PP, unha auditoría sobre o servizo de recadación do concello e a creación dun Plan de Violencia de Xénero, ambas do grupo Espazo Común.

COMERCIAL ORCELLÓN
PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------