O Coro de Cámara Música Viva presenta o concerto “Outros países, outras músicas”

Esta mañá, o salón de plenos do concello do Carballiño, acolleu a presentación do festival “Outros países, outras músicas”. Este evento tiña previsto realizarse no pasado mes de setembro pero por motivos do Coro de Cámara Música Viva non puido ser así. Agora trasládase a este sábado, ás 20:30 horas, na igrexa da Veracruz, un marco incomparable para un evento que conta xa con tradición e esforzo.

Antonio Rey, presidente do Coro de Cámara Música Viva, anunciou a programación para este evento, que este ano contará ca presenza da Coral Polifónica da Golada, en Pontevedra, e a Coral Estrela do Mar de Mugardos e para rematar o concerto actuará o coro organizador.

AVANTAR ACTIVIDADES