Onte pola tarde, a Asociación de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica do Carballiño e Comarca anunciaba que a manifestación prevista para a xornada de hoxe quedaba desconvocada como acto de boa fe ó establecer o concello contacto con eles e poñer enriba da mesa o convenio para a cesión dun local na Estación de Autobuses.

Publicidade

Deste xeito, esta mesma mañá, quedaba asinado este convenio, logo dunha negociación que se remonta a antes do mes de novembro do pasado ano.