Recepción no Pazo Provincial a Chelo Loureiro, directora da película de animación Valentina, premiada cun Goya

IES CHAMOSO LAMAS

Manuel Baltar afirmou que o galardón é un motivo de “fonda satisfacción” e destacou alegrarse “porque a Deputación teña colaborado nesta produción”, comprometendo o apoio aos futuros proxectos que se formulen 

Chelo Loureiro agradeceu “o apoio absolutamente incuestionable” da Deputación para un proxecto que “quería identificar perfectamente en escenarios galegos e en Ourense, que é onde vive a protagonista” 

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial a Chelo Loureiro, directora da película Valentina que o pasado sábado obtivo o Premio Goya á mellor cinta de animación. Un motivo de “fonda satisfacción”, dixo o presidente, que afirmou alegrarse “no persoal e no profesional, polo cine e pola animación galegas, e porque a Deputación teña colaborado nesta produción”, comprometendo o apoio a futuros proxectos que se formulen. 

O recoñecemento obtivo por Valentina, dixo Manuel Baltar, “é un paso máis nesa aposta polo audiovisual que levamos percorrendo desde hai tempo, e que se reflicte nas 33 nominacións para a XX edición dos Premios Mestre Mateo a tres películas rodadas na provincia co apoio da Deputación de Ourense: CuñadosMalencolía e Eles transportan a morte”, lembrando ademais a futura posta en marcha da futura Ourense Film Comission. 

Aínda emocionada, Chelo Loureiro agradeceu “o apoio absolutamente incuestionable” da Deputación para un proxecto que “quería identificar perfectamente en escenarios galegos e en Ourense, que é onde vive a protagonista, que ademais ten no seu dormitorio un peliqueiro”. 

A gala dos Premios Goya, engadiu, “foi unha noite moi galega polos catro galardóns obtidos por actores -para o ourensán Chechu Salgado-, películas de animación e compositores”, aínda que para a directora ferrolá o máis importante “é a razón de ser da película: dar visibilidade ás persoas con discapacidade como Valentina –unha nena con síndrome de Down- para que sexan protagonistas das súas vidas e non  actores secundarios”.