Leiro afianza o descenso de casos no Ribeiro, reducindo 23 contaxios nunha xornada

coronavirus

O brote declarado no xeriátrico de Leiro que afectaba a case todos os residentes e 15 traballadores continúa a remitir, hoxe con datos moi positivos. O número de afectados no concello,  con especial incidencia neste brote, baixa hoxe do total de 53 casos a 30 (-23).

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribadavia presenta hoxe 26 casos activos, un menos ca na xornada de onte. O concello de Melón baixa dos 10 casos ós 7 contaxios. Os demais concellos manteñen as mesmas cifras. Cenlle e Beade manteñen hoxe cinco casos activos. Avión sete positivos e Arnoia tres casos. Carballeda de Avia conta con dous casos activos e Cortegada con un so caso. Castrelo de Miño mantén un so contaxio.