O Carballiño homenaxea ao escritor Francisco Fernández del Riego cun gran mural na rúa Carreira

“Necesítase, en efecto, sentirse froito dunha tradición, pertencer a un pobo concreto, a unha concreta xeografía, e amala”. É a frase de Francisco Fernández del Riego, intelectual e fundador da Editorial Galaxia ao que se dedica esta edición das Letras Galegas, que xa loce nun gran mural na Rúa Carreira. Con esta iniciativa, o Concello do Carballiño quere celebrar esta data e neste escenario terá lugar mañá, 17 de maio, a actuación de alumnado do Conservatorio. Será a partir das 12.00 horas.

O mes de maio encheuse de cultura no Carballiño e cine, gastronomía, música e ata unha Festa do Libro incluíronse no programa no que as Letras Galegas son protagonistas.  Esta é a programación cultural detallada para os próximos días:

AVANTAR ACTIVIDADES

Martes, 16 de maio: Concerto Letras Galegas do Conservatorio e a Escola de Música. Ás 20.00 horas no Auditorio Manuel María.

Martes, 16 de maio: Concerto de música “Treixadura”. Xira 30 aniversario. Ás 23.00 horas na Praza Maior.

Xoves, 18 de maio.  Festa do Libro. Clubs de lectura do IES Chamoso Lamas. A partir das 11.15 horas na Praza Maior.  “Ler en Liña” é unha homenaxe a dúas publicacións de José Fariña Jamardo reeditadas polo Concello do Carballiño (A Feira e A Liña) que serán entregarán como agasallos aos integrantes dos Clubs de lectura.

Venres, 19 de maio. Cine Club. Ás 20.00 horas “O home e o can”. Auditorio Manuel María.

Sábado, 20 de maio. Cine Club. Ás 20.00 horas. “O corpo aberto”. Auditorio Manuel María.

Domingo, 21 de maio. Cine Club. Ás 19.00 horas. “Matria”. Auditorio Manuel María.

Domingo, 21 de maio.  A partir das 11.00 horas na Praza Maior, “Pon unha foto na rúa”. Asoc. Fotográfica O Potiños.

Domingo, 21 de maio. Ás 12.00 horas. Escenarios: Praza Irmáns Prieto – Balcón e terraza do Casino – Praza Maior e Fonte do cárcere. Lectura dramatizada do Cisne de Vilamorta de Emilia Pardo Bazán. Adaptación: Carlos Montes (Centro de Estudios Chamoso Lamas). Interpretación: DAR TRELA TEATRO.

Domingo, 21. As 18.00 horas na Sala de Xuntas do Concello. “Levántate Xan! De Caxoto. Programa Apego. Inscricións dende o 8 ao 19 de maio en snl@carballino.gal ou 662197665. Idade: de 12 meses a 3 anos.

Venres, 26 de maio.  Ás 20.00 horas / 22.30 VOS h no Auditorio. Cine Club Carballiño. “Los reyes del mundo”.

Martes, 30 de maio. No Auditorio. Ás 10.30 horas e ás 12.00 horas. Musilandia. Conservatorio Profesional de Música.

OUTRAS ACTIVIDADES:

EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS ASOC. FOTOGRÁFICA O POTIÑOS

• BAIXO RÚA PRINCIPAL – PULPEIRAS DO CARBALLIÑO

• CASA DO CONCELLO – POTI EXPO 22