O Carballiño mantén estables dous casos activos e San Cristovo de Cea un contaxio

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 3 contaxiados únicamente ( = ). O Concello do Carballiño mantén hoxe 2 casos activos, os mesmos con respecto a onte. Estas cifras son as máis baixas que se recordan dende o pasado verán.

San Cristovo de Cea e o outro único concello con contaxios e mantén un caso, igual ca dende a pasada semana.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os demais concellos, Beariz, Boborás, Punxín, O Irixo, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.