Condado, Carpa Viqueira e Gondomar pechan o círculo de gañadores na copa galega de show celebrada en O Carballiño durante tres dias

IES CHAMOSO LAMAS

Os de Salvaterra gañaron en Primeira categoría de grupos pequenos, os de Vigo en Primeira de grupos grande e o CPA Gondomar nos de Segunda de grupos grandes

A Copa Galega de grupos show pechou o telón no pavillón Paco Chao de O Carballiño completando o seu podio cas tres categorías que quedaban pendentes. Nos grupos pequenos de Primeira categoría o triunfo foi para o CPA Condado con <Detrás de la piel>, superando no podio o Patín Axel de Arteixo, que foi segundo, e o Carpa Viqueira, que acadou a terceira praza.

SPORTUR GALICIA 2022

Foi a formación viguesa a primeira clasificada en Primeira categoría de grupos grandes polo seu programa <Colgados>, o CPA Vallladares, que foi segundo e do Ribex de Tui, que finalizou na terceira posición.

En grupos grandes de Segunda categoría o gañador foi o CPA Gondomar con <El Huesped>, sendo El Olivo o segundo clasificado e Patín Conxuro o terceiro.

 A Copa Galega de show celebrouse en O Carballiño ó longo dos tres últimos días e reuniu a preto un milleiro de patinadores nas diferentes categorías nun evento organizado pola Federación Galega de Patinaxe e o Club Aehde O Carballiño. O evento da paso o receso de verán antes da volta das competicións en setembro.