Manuel Cabezas: “Hoxe escenificamos a unión que permitirá poñer fin á anomalía política que vive Ourense e recuperar a saúde urbana”

Nunha comparecencia do candidato do PP á alcaldía de Ourense, por primeira vez xunto a Pepe Araújo

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ourense valorou a incorporación de Pepe Araújo ao seu proxecto como “un exemplo de que o interese da cidade está por encima de calquera interese persoal e ata político”. Lembrou que Araújo formou parte dos seus equipos de goberno, “facéndoo moi ben”, e avogou por ter “altura de miras, como Pepe demostrouno renunciando a liderar unha opción política que no seu día obtivo case 5.000 votos”.

AVANTAR ACTIVIDADES

· Coa comparecencia de hoxe #ante os medios de comunicación, dixo Manuel Cabezas, “escenificamos unha unión que vai permitir poñer fin á anomalía política que vive a cidade de Ourense e recuperar a saúde urbana”. Define este concepto como “a convivencia, a educación e a cultura, prioridades para nós e claves nas que sempre traballou Pepe”.

· Adiantou que o próximo 19 de abril presentará a candidatura completa do Partido Popular, “unha lista para xestionar e cos responsables de 14 áreas definidas para gobernar con eficacia”. Sobre as súas propostas, que prefire chamar “apostas de futuro e non programa”, anunciou que serán detalladas despois de Semana Santa, con aspectos concretos que son “o resultado do gran traballo realizado polos mozos de Novas Xeracións e os contactos mantidos nestes meses con colectivos e asociacións, que nos transmitiron as súas necesidades fronte a un goberno municipal que non escoita a ninguén”.

· “Manteño o meu absoluto convencemento de que a partir do 28 de maio Ourense terá un goberno municipal estable no tempo e co obxectivo prioritario da que cidade recupere o capital social perdido”, engadiu o candidato.

FESTAS MAIORES EN NOVEMBRO, PLAN DE MOVILIDAD E POLÍGINOS AGROFORESTAIS, PROPOSTAS DE ARAÚJO

· Pepe Araújo, que agradeceu as mostras de apoio de todas as persoas “que agora mesmo celebran que esteamos a dar este paso”, detallou algunhas das cuestións que lle preocupan especialmente e nas que coincidiu con Manuel Cabezas: PXOM, turismo de calidade, desenvolvemento termal, a Universidade Popular “e volver contar cunha banda municipal de música”.

· Araújo referiuse a tres cuestiones concretas que Manuel Cabezas asumiu para o seu proxecto. A primeira delas, que o mes de novembro sexa a data escollida por visitantes de toda Galicia, comunidades limítrofes e Portugal “para gozar do noso patrimonio, cultura e gastronomía, trasladando a este mes as grandes festas da cidade en honra ao noso patrón, San Martiño, e contribuíndo a xerar riqueza no sector servizos”.

· En segundo lugar, recuperar o Plan de Movilidad Urbana Sostible, “no que participaron activamente máis de 10.000 persoas e que foi acordado cos partidos do mandato 2015-2019. Un documento “que ten que ver moito coa calidade do aire e a saúde da cidadanía e que non pode permanecer gardado nun caixón”.

· Por último expuxo a creación de sete polígonos agroforestais que abarcarían a práctica totalidade das parroquias do municipio de Ourense, cunha superficie de 1.635.000 metros cadrados. Un proxecto que, en colaboración coa Xunta de Galicia, “permitiría recuperar zonas con especies autóctonas, conectar as sendas que existen e as que están en proxecto e conseguir que cunha mellor calidade do medio evitemos que o verán sexa insufrible no noso concello”.