A comarca mantén hoxe o número total de casos activos de coronavirus nos 8. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño e San Cristovo de Cea, únicos concellos con casos activos a día de hoxe.
O Carballiño mantén os 7 positivos de onte. San Cristovo de Cea, mantén hoxe un positivo, cifra que se mantén dende o mércores día 14.
E os demais concellos, Boborás, Maside, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.