Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 4 contaxiados únicamente ( +2 ). O Concello do Carballiño é o único que presenta casos activos, duplicando os contaxios nesta xornada de dous a catro casos activos.
Os demais concellos, Beariz, Cea, Boborás, Punxín, O Irixo, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.
Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.