O tanatorio Pompas Fúnebres executa a sentencia de derrubo nas instalacións da rúa Evaristo Vaamonde

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Finalmente, o Tanatorio Pompas Fúnebres do Carballiño, na rúa Evaristo Vaamonde, comezou a executar a sentencia de derrubo da edificación que estaba construída de xeito ilegal segundo a ordenación urbanística. No pasado mes de febreiro a sentencia xudicial obrigaba ó peche das instalacións, á espera dos posibles recursos que puidesen presentar contra o fallo emitido.

Esta problemática remóntase ó ano 2013, cando tres comunidades de veciños dos edificios próximos denunciaron que non querían esas instalacións baseándose en que o edificio no que está habilitado está fora de ordenación e o concello concedera a licenza de obra en base ós informes técnicos favorables.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------