Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 8 contaxiados . O Concello do Carballiño xa non é o único concello con casos activos. Hoxe suma un caso, presentando 6 contaxios. Piñor conta hoxe cun caso activo. Igual co Irixo.
Os demais concellos, Beariz, Cea, Boborás, Punxín, Maside e San Amaro están libres de covid. Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.