O Concello do Carballiño reforzou o grupo de emerxencias municipal ao incorporar 12 novos efectivos o 1 de xullo, cun total de 17 máis un coordinador xeral e un operador a tempo parcial, o que permitirá ter quendas de catro traballadores as 24 horas do día. A este proceso de selección presentáronse 40 persoas, das que foron escollidas 12 e unha vez vencidos os contratos volverase facer a selección para seguir mantendo o servizo.
A principal función do grupo municipal de emerxencias é responder a calquera tipo de incidencia dentro do ámbito municipal. Este é un servizo moi necesario, ademais de dar cobertura e soporte ó traballo dos bombeiros, que teñen que que cubrir unha zona moi ampla que abarca dúas comarcas e varios concellos máis de fora. O grupo de emerxencias tamén realizou unha labor importante na loita contra a pandemia.