O Carballiño sobe ós 13 casos activos e Beariz, Piñor, Irixo e Maside teñen un caso cada un

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 17 contaxiados ( +1 ). O Concello do Carballiño xa non é o único concello con casos activos. Hoxe presenta 13 casos activos, duplicando a cifra dende o pasado venres. Contan cun caso activo cada un Beariz, Piñor, O Irixo e Maside.

Os demais concellos, Cea, Boborás, Punxín, e San Amaro están libres de covid.