Galicia rexistra 366 novos contaxios nas últimas 24 horas e mantén estables os hospitais

Publicidade ASPADISI

A comunidade galega rexistra hoxe 366 contaxios novos, un ritmo de novos contaxios superior ó dos últimos días. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.917, unha cifra que ascende en preto de 300 casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 12 (=) están en UCI, 46 (-1) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada segue facendo notar o ascenso de contaxios. A provincia rexistra hoxe 72 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 63 persoas con respecto a onte, ata os 399 casos activos. Os hospitais hoxe presentan un descenso. Contamos con 3 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=) na UCI.

HIPER MASIDE