O camping municipal acolle a turistas de varias zonas de España a pesar do clima inestable

O camping municipal do Carballiño abría as súas portas da tempada estival a medidados do mes de xuño. A pesar de que o tempo non acompaña aínda, son numerosos os turistas que xa se deixan ver por esta vila. Hoxe falamos con algúns dos que se atopan nesta área, amosando gañas de coñecer esta zona pero tamén como vía de paso para visitar a provincia.

Outros xa levan varios días nesta zona e xa aproveitaron os recursos da área de turismo, como o guía, para coñecer os puntos máis destacados do entorno do Arenteiro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha das familias acampada coñeceu este camping a través dunha aplicación francesa na que os usuarios recomendan este tipo de turismo e servizos para os viaxeiros, e amosáronse encantados de poder coñecer a zona.

Se hai algo no que todos coinciden é na boa valoración destas instalacións, ubicadas nun entorno inmellorable.