Modificado o proxecto de acondicionamento da rúa Saleta

Modificado o proxecto de acondicionamento da rúa Saleta, no barrio Solana, para introducir melloras nos servizos propostas polos veciños

Unha vez iniciadas as obras, e á vista da consistencia do terreo coa retirada e demolición de cerramentos, apertura de zanxas e excavacións nos bordes da rúa Saleta, no tramo correspondente de renovación ou nova execución de beirarrúas, e tendo en conta as proposicións dos veciños e propietarios desta rúa para cesións de terreos afectados polas aliñacións fixadas no planeamento en vigor, prantéxase esta modificación do proxecto consistente en: Ampliación da zona de actuación das beirarrúas, prolongando as inicialmente previstas; ampliación dos puntos de luz no tramo ampliado; introducción dunha canalización de telecomunicacións, para evitar cableado aéreo e futuras roturas dos pavimentos.; sustitución dos muros de contención de bloques de pedra granítica por muros de contención de hormigón armado, que aportan unha ocupación moito menor na vía pública e posibilita unha mellor e máis efectiva ubicación dos servizos canalizados e as acometidas domiciliarias, e prolongación da canalización do servizo de iluminación pública.

AVANTAR ACTIVIDADES

A área de actuación deste proxecto de acondicionamento do barrio Solana comprende os terreos correspondentes á rúa Solana, San Benito, Madanela e Saleta, con límites na rúa Juan Corral Pajarito, rúa Calvo Sotelo, estrada do Penedo e rúa Ribadavia.

Trátase de acondicionamento dos pavimentos, e a renovación da rede de abastecemento de auga e de alcantarillado, xunto coa nova execución de canalización de augas pluviais, por tratarse de tramos antigos de fibrocemento no caso da auga e de formigón deteriorado no caso do alcantarillado, e posterior reposición de bases e pavimentos da beirarrúa e da calzada, así como renovación de parte da instalación de iluminación pública na rúa Saleta, nas citadas vias públicas do núcleo urbano de O Carballiño.

A actuación comprende unha lonxitude total de 915 m. A reposición base calzada é de 481 m2. E a reposición da rodadura da calzada é de 6.924 m2.

O presuposto do proxecto modificado das obras de acondicionamento no barrio da Solana ascende a 159.808, 56€.