Galicia rexistra hoxe 555 contaxios, dos cales 135 son da provincia de Ourense

A comunidade galega rexistra hoxe 555 contaxios novos, un ritmo de novos contaxios superior ó dos últimos días. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 3.670, unha cifra que ascende en máis de 300 casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 10 (+1) están en UCI, 50 (+1) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada segue facendo notar o ascenso de contaxios. A provincia rexistra hoxe 135 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 141 persoas con respecto a onte, ata os 606 casos activos. Os hospitais hoxe presentan un aumento. Contamos con 7 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES