do cp Oleiros, gañador da segunda categoría de grupos show pequenos na copa galega que se celebra en O Carballiño

Arealonga Chapela foi segundo, Ravenna do Oleiros terceiro e os anfitrións do Club Aehde remataron nun meritorio quinto lugar

A Copa Galega de grupos show que organiza a FGP e o Club Aehde en O Carballiño dende o venres, viviu onte a competición dos grupos show pequenos (ata 12 membros) ca participación de 20 programas diferentes. O primeiro clasificado foi o CP Oleiros con <Gheisa>, que obtivo a mellor puntuación dos xuices, facéndose co segundo posto a coreografía <En el nombre de dios> do CPA Arealonga Chapela, completando o podio o CP Oleiros con <Ravenna>.

AVANTAR ACTIVIDADES

Meritorio foi o quinto posto do Club Aehde co seu programa <Gulaj 113>, tan solo superado polos tres integrandes do podio final e polo Sarela de Ames. Na Copa Galega de segunda categoría de grupos show participaron 17 clubes de todo ámbito galego. A provincia de Lugo foi a única que non estivo representada.

A Copa Galega de grupos show pon o domingo o broche a tres intensos días de patinaxe no Paco Chao de O Carballiño ca disputa das competición na segunda e na primeira de grupos grandes e de pequenos de Primeira categoría. Poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Club Aehde O Carballiño.