O BNG leva o Parlamento a protección dos lugares fundacionais de Celanova ameazados polo proxecto eólico

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • Un informe arqueolóxico municipal, que o alcalde se nega a facer público, advirte da presenza na contorna da Casa da Neve de vestixios arqueolóxicos cuxa explotación como recurso cultural se vería afectada “coa extrema proximidade dos aeroxeneradores propostos”.
  • O mesmo documento sinala que sendo as máquinas visíbeis desde a vila, “interromperíase a relación visual entre o Mosteiro actual e os seus antigos lugares”, e aconsella solicitar a súa protección diante da administración competente.
  • As nacionalistas, que en abril presentaron unha moción solicitando unha cata arqueolóxica por parte da Xunta rexeitada polo goberno local e o PP, elevarán agora a proposta ao Parlamento ante as novas evidencias científicas de restos de valor patrimonial.

O deputado nacionalista Iago Tabarés levará ao Parlamento de Galiza unha iniciativa do BNG para esixir do Goberno galego que emprenda as medidas necesarias para dotar de protección os bens patrimoniais descubertos na contorna da Casa da Neve, en Celanova, onde unha empresa alemá proxecta un polígono eólico de aeroxeneradores de 177,5 metros de altura, unha subestación e liñas de evacuación aínda por definir que producirían un enorme movemento de terras e destruirían para sempre os vestixios que un informe arqueolóxico municipal cualifica como “os lugares primitivos fundacionais do mosteiro de Celanova e a necrópole megalítica da bisbarra de Celanova”.

Esta foi a principal conclusión dunha xornada informativa aberta á veciñanza que o BNG celebrou este sábado en Celanova, coa presenza do deputado por Ourense, Iago Tabarés, e do portavoz municipal nacionalista, Leopoldo Rodríguez, quen expresaron o posicionamento do Bloque Nacionalista Galega a favor dunhas enerxías limpas que son necesarias mais que non deben ser instaladas en calquera sitio a costa de valores naturais, patrimoniais ou paisaxísticos, nun país como Galiza excendetario en produción eléctrica.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Neste contexto, o BNG explicou a súa oposición ao proxecto dun polígono eólico na contorna do monte coñecido como a Casa da Neve, a menos de tres quilómetros do mosteiro de Celanova e moi próximo a aldeas como Sampil, Amoroce ou Cañón -no que respecta ao termo municipal de Celanova- nun rango de distancias entre os cincocentos metros e un quilómetro, o que converten este proxecto en inviábel en Alemaña, a sede da empresa (BayWa) que controla o 100% do capital da explotación enerxética proxectada.

En Alemaña, subliña o BNG, unha instalación destas características está prohibida porque as máquinas deberían situarse a unha distancia mínima das casas igual a dez veces a altura dos muíños; neste caso, a 1,77 quilómetros.

O QUE DI O INFORME

O informe, que leva data do 3 de abril de 2021 -é dicir, unha semana despois de que o BNG demandase unha cata arqueolóxica en condicións para determinar o valor dos restos que se topan na zona- é contundente na determinación dese valor: “Temos así, concentrados nas abas occidental e sur do Monte da Neve, unha realidade arqueolóxica de grande interese para o estudo do pasado altomedieval de Celanova, co que enraíza o propio nacemento do Mosteiro e da vila, a través da presenza da casa forte e pazo de Don Hermenexildo [o avó do santo Rosendo], en Soutomanco, e construcións herdadas a comezos do século X e que afondarán ás súas orixes nos séculos anteriores con total probabilidade, nun tempo aínda escuro para a historiografía altomedieval”.

“Relacionadas con esta casa forte”, continúa o informe, “estarían as Torres de Valvís, no propio Soutomanco ou nos outeiros inmediatamente superiores, para control do val e do camiño que baixaba cara as ricas terras de Villar. Este camiño cruzaba por Cachiquimbra e O Santo, onde se situaría una poboación hoxe perdida (…)A documentación é clara ao respecto, incluso citando unha pedra fundacional, non coñecida na actualidade, e os datos arqueolóxicos, á espera de poder afondar os estudos, parece corroborar estas hipóteses”.

Afondar os estudos, corroborar hipóteses. Iso é o que pedirá o BNG no Parlamento, para que actúe Patrimonio, a luz deste informe, o mesmo documento sobre o que se nega a actuar o goberno municipal de Celanova cando se pode producir un atentado de consecuencias irreversíbeis contra o patrimonio histórico da vila.

O informe é claro ademais noutra consideración que atinxe á paisaxe. “A contorna do Monte da Neve veríase alterada coa extrema proximidade dos aeroxeneradores, alteración que se vería agravada se estes foran visíbeis desde a propia Celanova, xa que interrompería a relación visual establecida entre o Mosteiro actual e os seus antigos lugares“.

CONTRA O OCULTAMENTO, INFORMACIÓN

O BNG esixiu nos plenos de abril e xuño que se dese a coñecer á veciñanza toda a información relevante a respecto do proxecto eólico, e mesmo impulsou un acordo unánime dos grupos neste sentido. Nada se fixo malia que na última sesión plenaria o propio alcalde dixo que non tiña “ningún problema” en que se publicase o informe arqueolóxico.

Este sábado o BNG decidiu facer públicas as conclusións dun informe que alertan sobre “vestixios que non figuran nos inventarios arqueolóxicos”, subliña que “isto non é causa para non telos en conta á hora da súa protección” e aconsella poñer remedio esa ausencia nos inventarios “a través do envío do avance destes estudos á administración competente”.

Ademais de anunciar a iniciativa parlamentar na liña de protección da paisaxe e do patrimonio, o portavoz do BNG Celanova, Leopoldo Rodríguez, avanzou que as nacionalistas traballarán na demanda dunha moratoria dos proxectos eólicos que afecten á contorna comprometendo o futuro da mesma e mentres non se estableza unha planificación racional a nivel de país.