Galicia mantén máis de 500 contaxios novos cada día. Ourense achégase ó milleiro de casos activos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comunidade galega rexistra hoxe 592 contaxios novos, un ritmo de novos contaxios superior ó dos últimos días. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 5.058, unha cifra que ascende en máis de 1.300 casos nesta fin de semana. Do total de pacientes positivos en Galicia, 11 (+1) están en UCI, 55 (+5) en unidades de hospitalización.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada segue facendo notar o ascenso de contaxios. A provincia rexistra hoxe 178 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 374 persoas con respecto ó pasado venres, ata os 980 casos activos. Os hospitais hoxe presentan un aumento. Contamos con 10 (+3) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=) na UCI. Esta pasada fin de semana, realizouse un cribado entre os máis novos, cunha participación de 1.390 persoas dos 3.200 convocados e cun total de 40 positivos.