Goberno local e CC.OO reclamarán a reapertura da estación de tren do Carballiño con venda de billetes

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Ourense onde se integra o Sector Ferroviario, mantivo unha xuntanza co Alcalde do Carballiño para abordar os problemas máis importantes que hai actualmente no ferrocarril na provincia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na reunión falouse das deficiencias e abandono do servizo e das circulacións ferroviarias por escaseza e mala frecuencia, o cal impide ós veciños e veciñas da Comarca do Carballiño  ter un servizo público sostible e social para a súa mobilidade dentro das vilas e núcleos rurais cas diferentes capitais Galegas, o que contribúe ao despoboamento da zona rural.

Sindicato e alcalde acordaron reclamar conxuntamente a reapertura da estación do Carballiño con servizo de venta presencial, xa que as máquinas auto-venda instaladas por Renfe só permiten a venda do tren Rexional e o pago con tarxeta o que aumenta a dificultade de acceso e compra aos veciños, ademais da falta de información que precisan para adquisicións de billetes, cambios, anulacións e programacións de viaxes en tren.

Tamén se acordou que o goberno municipal reclame e xestione coas administracións a reposición do 100 % das frecuencias existentes antes da pandemia, xa que actualmente só circulan 2 das 7 frecuencias que prestaban servizo na liña do Carballiño, deixándoa nunha situación de abandono absoluto.

Por último, tamén se falou da necesidade de máis frecuencias e modificacións horarias que repercutan nunha maior utilidade e aproveitamento do Servicio Público para os veciños e veciñas do Carballiño e demais núcleos rurais dos arredores. Adecuando as frecuencias ferroviarias ás entradas e saídas dos centros de traballo e educativos,e tamén para enlaces con outros trens ou medios de transporte, aproveitando que a Comisión Europea declarou o 2021 como o “Ano do ferrocarril”, o que vai supoñer mais inversións neste medio de transporte e a Galicia rural non pode quedar ao marxe.