A Plataforma pola Defensa do Transporte Público esixirá ós partidos que cumpran os compromisos feitos na campaña

A PLATAFORMA POLA DEFENSA DO TRANSPORTE PÚBLICO DO CARBALLIÑO ESIXIRÁ ÓS PARTIDOS POLÍTICOS O CUMPRIMENTO DOS COMPROMISOS ADQUIRIDOS NA CAMPAÑA ELECTORAL

Dende a asociación esperan que non quede todo o dito e feito nas últimas semanas como unha foto oportunista para quedar ben antes das eleccións.

AVANTAR ACTIVIDADES

Segundo comentan, todos os partidos políticos solicitaron reunirse cos representantes da plataforma durante a campaña electoral que ven rematar de cara ás eleccións autonómicas.

A plataforma atendeu todas as solicitudes e mantivo reunións cos representantes de Espazo Común, BNG,Galicia en Común, PP ePSOE. A todos eles fixéronlles chegar as súas inquedanzas pola situación actual, onde cada semana se van perdendo novos trens. Dende a plataforma aseguran que non albiscan melloras no transporte por estrada nin nas comunicación co rural.

Nestas reunión, todos os representantes, segundo comentan, amosaron a súa vontade de traballar a prol dunha mellora sustancial das condicións do transporte púlbico na comarca. Dende a plataforma agardan que estes acordos non queden só en promesas electorais.